domingo, 25 de outubro de 2015

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?



Si ben sei, Beni é unha rapaza que ten 14 anos de pelo castaño, ollos marróns, de estatura normal, alegre, divertida, nerviosa. Gústalle moito sacar fotos, a roupa de marca, saír de festa, escoitar música, cantar, bailar, andar co móbil, os regalices, a Nocilla, estar coa familia, ver La Voz Kids e GH16;  e por último, non lle gustan nada os deportes, o mel, as novelas, e enfadarse cos amigos. (Nuria González Román, 15 anos, mellor amiga).

Miña irmá, si ben sei, é unha rapaza estudiosa, responsable; que lle gusta moito cantar, bailar, escoitar música, saír de festa, ir de compras cas amigas… Non lle gusta nada que a fagan picar, suspender algún exame, os deportes, os debuxos animados, a verdura e o mel; en cambio a
pizza e a ensalada encántalle. (Iván Rodríguez Abadín, 24 anos, irmán).

martes, 6 de outubro de 2015



GÚSTAME:

    Quedar cos amigos, a pizza, ir Á piscina, a primavera, cantar, bailar, xogar ao bádminton, a cor verde, ir de compras, ver películas, Amsterdam, a bachata, o Aquarios de limón, sacar fotos, ver a tele, Pasapalabra, A voz kids, ir de festa, estar coa familia e ir á praia.


NON ME GUSTA:

    Facer deporte, a verdura, que me fagan rabiar, as telenovelas, o inverno, levantarme cedo polas mañáns, os vestidos, xogar coas consolas, o fútbol, o ciclismo, a cor laranxa, a lentitude, o mel, a Coca Cola, a choiva, non ir de festa, durmir a sesta, os animais salvaxes e a macela.