mércores, 20 de abril de 2016

venres, 15 de abril de 2016

SÍMBOLOS E ACRÓNIMOS

O vindeiro 13 de maio, ESO e BAC dos colexios de todo Galicia participarán na campaña contra o Sida. Haberá un minuto de silencio. Ademais dos colexios, tamén participarán máis institucións como Renfe, ANPA... Todo isto custará 5000€ xa que se fará un percorrido de 1000 m.


AS SIGLAS

No IES SAN MAMEDE van facer un concurso de textos con siglas no que aparezcan como mínimo 30. Teñen que estar obrigatoriamente cinco delas: RAG, ONU, ESO, IVE e OMS. O concurso terá lugar o próximo mes de xaneiro.

AS ABREVIATURAS

No séc. XIX, Dna Eugenia escribiu no art. 11 do diario A escola, que N S L O tiña que escribirse en maiúsculas, sen punto e con abreviatura para que a nosa escrita fose mellorando cada vez máis, xa que neses tempos aínda poucas persoas sabían escribir.


xoves, 14 de abril de 2016

SENÓN, SE NON

Onte María mandoulle á súa irmá que ordeara a habitación, xa que non fai nada senón ver a tele. María rematara con toda a casa senón coa habitación da súa irmá que quería que a fixera ela. Non llo dicía por amolar senón para que axudase na casa, se non cando sexa máis grande, non saberá facer nada.

CONQUE, CON QUE

En semana santa chegaran uns veciños holandeses, conque tivenlles que ensinar toda a vila. Ao día seguinte, o coche en que viñeran estragouse, non acendía. Eu pregunteille con que regresarían e un deles respondeume que con botar aceite xa o repararían.

HAI, AI, AÍ, HABER, A VER

Hai moito tempo, debe haber uns quince anos, un grupo de adolescentes foron de vacacións a Nova York, aí e onde ían a miúdo. Pois nun deses días decidiron ir a unha festa á que os invitaran a ver se vían algunha moza ou mozo que lles interesase. O caso é que fixeron un xogo maldito que encontraran nun libro, no que había que dicir varias veces "Ai! Anxos e diaños! Ao día seguinte non se soubo máis deles.

PORQUE, PORQUÉ, POR QUE

O día de carnaval, Xoán preguntoulle aos seus amigos se querían ir ao día seguinte ver unha peli. Eles preguntáronlle por que mañá, e el simplemente lles dixo que porque lle apetecía e podía. Un deles respondeulle que non pero non lle dixo o porqué, aínda que os outros respondéronlle que si e ao día seguinte foron ver Fracture.